Aviso Legal

Condicións xerais de utilización da páxina web de XesGalicia

O presente aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso do sitio web (http://www.xesgalicia.org), en diante "o sitio web", do que é titular XesGalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Capital Riesgo, S.A, en adiante, “XesGalicia”.

O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que o usuario acceda a este, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos do sitio web. Se é o caso, a utilización de tales servizos significará a aceptación das condicións particulares que lles sexan aplicables.

Propiedade intelectual e industrial sobre os contidos da páxina

Deseño e logos

A estrutura do sitio web, o seu deseño e o código fonte desta, así como os logos e marcas que nela se inclúen, son titularidade de XesGalicia e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial.

Non se poderán realizar actos de reprodución, modificación, distribución, comunicación pública e, en xeral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, destes elementos sen o previo consentimento por escrito de XesGalicia.

Contidos

Todos aqueles contidos incluídos no sitio web son titularidade de XesGalicia e están suxeitos á licenza particular que os acompaña. Autorízase a reprodución, distribución, comunicación pública e, en xeral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, destes elementos nos termos indicados en cada licenza particular.

No caso de que un contido non estea acompañado dunha licenza particular, queda autorizada a reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación deste, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

» Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido.
» O usuario queda obrigado en todo caso a citar a fonte dos contidos.
» O usuario queda obrigado a mencionar a data da última actualización dos contidos.

Disposicións comúns

XesGalicia non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido do sitio web e poderá exercitar todas as accións civís ou penais que lle correspondan en caso de infracción destes dereitos por parte do usuario.

Está absolutamente prohibido o uso do sitio web ou dalgún dos seus elementos con fins ilícitos.

Protección de datos de carácter personal

XesGalicia é a entidade responsable do ficheiro de datos xerado cos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios do seu sitio web. Conforme a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, XesGalicia comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo respecto dos datos de carácter persoal e o deber de tratalos con confidencialidade. A estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

A recollida e tratamento automatizado dos datos personais ten por finalidade a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servizos ao usuario, así como a xestión da información subministrada nas solicitudes de información ou no envío de proxectos. O usuario poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, dirixíndose por escrito a XesGalicia, acompañando fotocopia do DNI.

Utilización de Cookies

O sitio web de XesGalicia utiliza cookies (pequenos arquivos de información que o servidor de XesGalicia envía ao ordenador de quen accede á páxina) na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario.

As cookies utilizadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal e desaparecen ao rematar a sesión do usuario.

En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.

Modificacións

Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, XesGalicia resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.

Así mesmo, resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outra condición particular.
Exclusión de responsabilidade

XesGalicia non se responsabiliza dos eventuais erros tipográficos, formais ou numéricos que poida conter o sitio web, nin da exactitude da información contida nel.

Hiperenlaces

Os hiperenlaces contidos no sitio web de XesGalicia poden dirixir a páxinas web de terceiros. XesGalicia non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación ningunha entre XesGalicia e ás persoas ou entidades titulares de tales contidos ou dos sitios onde se atopen.